O thriller galego Dhogs acapara as nominacións aos Mestre Mateo 2018

Dezasete nominacións valéronlle ao thriller Dhogs de Andrés Goteira ser a virtual pre gañadora dos premios Mestre Mateo deste ano. Hoxe fixéronse públicas as entidades e profesionais finalistas na XVI edición dos premios Mestre Mateo. A gala do audiovisual galego, que se celebrará o 3 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña, estará conducida pola actriz Iolanda Muíños.

dhogs
photo_camera Fotograma de 'Dhogs', de Andrés Goteira.

Despois de Dhogs, con 17 candidaturas en 14 categorías, os filmes A estación violenta, Juana de Vega vizcondesa do arado, Os fillos do sol e Trinta Lumes e as series O final do camiño e Serramoura.

Anxos Fazáns, directora de A estación violenta, é outra das protagonistas da noite, nominada a mellor dirección, guión (xunto con Ángel Santos, Xacobe Casas e Daniel Froiz) e montaxe, cun equipo composto por Iria Silvosa e Diana Toucedo.

Diana Toucedo, que tamén está nominada a mellor montaxe por Trinta Lumes, participou nesta mesma labor no documental Los Desheredados, gañador dun Goya na última edición, e acumula tres nominacións máis nestes Mestre Mateo. A máis importante, a súa candidatura a mellor longametraxe por Trinta Lumes, coproducida por Dianatoceudo Films, e que tamén ostenta o premio a mellor guión.

Comentarios