The Chieftains e Milladoiro para conmemorar o 30 Festival de Ortigueira

O Festival de Ortigueira chega a súa 30 edición cun programa no que conta coa participación de The Chieftains e Milladoiro, grandes nomes do festival da música celta. 

Milladoiro
photo_camera Milladoiro

Do 17 ao 20 de xullo desenvolverase en Ortigueira a 30 edición do seu popular festival, unha cita imprescindíbel do verán na música celta. Nunha edición especial, o programa contará coa participación da banda irlandesa  The Chieftains e da galega Milladoiro como cabezas de cartel. Carlos Blanco será o presentador nesta edición conmemorativa que recupera esta figura no festival que enche Ortigueira de música xa que, máis alá dos espazos propios do festival, toda a vila se converte en escenario en especial a través das “free sessions” que ofrecen as rúas a novas bandas de folk. 

Anxo Lorenzo ou Pepe Vaamonde son outras das propostas galegas nun festival no que tamén participarán desde  Dominic Graham School of Irish dance (Irlanda), Moxie (Irlanda), Ruaille Buaille (País Vasco) ou Treacherous Orchestra (Escocia). 

O rock de Red Cardell xunto coa música tradicional bretoa de Bagad Kemper daranse a man no espectáculo Fest Rock. Bellón Maceiras Quinteto ou a irlandesa Moxie serán algúns dos nomes emerxentes que resultaron finalistas do Proxecto Runas e que presentarán os seus traballos no festival.  

Comentarios