Terbutalina, mellor álbum en galego nos MIN

A banda foi galardoada polo seu último traballo, A Muerte. 

 

Terbutalina

Os Terbutalina foron os gañadores do premio ao mellor álbum en galego nos galardóns da música independente. Na gala, desenvolvida no Teatro Goya de Madrid, os galegos recolleron o recoñecemento polo seu último traballo, A Muerte, logo de seren os máis votados. 

Na mesma categoría competían con Guadi Galego, Xoán Curiel, Sub Rosa, e Why Go. 

Terbutalina agadeceu "a toda a xente que nos votou. E, por suposto, tamén queremos agradecerllo a toda a xente que escoitou, descargou, compartiu e bailou co disco, que é para o que realmente nos rompemos a cabeza, os pulmóns e os brazos día si e día tamén", sinalan nun comunicado pendurado na súa páxina web. 

Pola súa banda, Berri Txarrak fíxose co premio Etxepare ao mellor álbum en euskera polo seu último traballo, Denbora da poligrafo bakarra, e os cataláns Els amics de les arts co de lingua catalá. Os grandes triunfadores da noite foron os madrileños Vetusta Morla que recolleron 7 galardóns. 

Comentarios