Que facer?

O teatro e a poesía marcan a oferta desta fin de semana

Ibuprofeno_Teatro
photo_camera Ibuprofeno Teatro


Casa O Rei, de Ibuprofeno Teatro, chega a Carballo 

Carballo 
Pazo da Cultura 
Sexta feira
21.00h

Ibuprofeno Teatro propón un xogo dramatúrxico a partir do Rei Lear de Shakespeare, mais desta volta ambientado nunha típica casa de comidas galega.

Presentación de Vértice de Versos
Oleiros
Centro Cultural A Fábrica
Sexta feira
21.00h

Unha longametraxe documental realizada por Carlos Lorenzo na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galiza.

Cantos de Taberna!
Pontevedra 
Tabernas da cidade
Sexta feira
21.00h 

Cantos de Taberna inclúe varias citas que se repetirán a última sexta feira de cada mes até maio. Desta volta no Novo Viñedo e en La Casita, Os Chispas.

Ponme un poema!
Allariz 
Diversos espazos
Sábado
20.00h

Chega a V edición do Ponme un poema! Roteiro poético pola vila de Allariz, con Samuel L. París e Monica de Nut, para encher os bares de poesía. Comezará con Samuel L. París ás 20:00h (Bule Bule; A Micalla; A Despensa do Alarico; Roi Xordo), logo continuará Mónica de Nut co seu espectáculo VOZ SÓA, ás 22.30h (Bar Orballo), para quebrar as fronteiras do escénico e a voz.

Actos co gallo do Día Internacional da Muller
San Sadurniño
Casa da Cultura 
Sábado
18.00h

Lectura do manifesto; proxección de “Nós mesmas” e “Historia do cisne, o atún e a troita”; e teatro con “Onde vai o meu nome”, da Escola de Teatro do Padroado de Cultura de Narón.
 
 

Homenagem a Ricardo Carvalho Calero
Ferrol 
Fundaçom Artábria
Sábado
12.00h

No aniversario do seu pasamento, será ao pé das ruínas da casa natal de Carvalho Calero, posteriormente concerto de Xoan Padim e Alberte L. Porta.

O libro máxico
Ourense
Auditorio Municipal-Pazo de Congresos
Domingo
12.00h
Migallas Teatro propón unha obra de teatro destinado ao público máis novo, unha peza que nos convida a vivir grandes aventuras lendo nos libros.

O mundo das árbores
Vigo
Sede A Fundación
Até 31 de marzo
Mostra fotográfica das árbores máis importantes e raras da Península Ibérica, que se centra nas especies autóctonas de Galiza, e con obradoiro para as crianzas.
 

Comentarios