O teatro galego e portugués chega á Coruña

O sábado decorrerá o cuarto Festival Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza+Portugal na Coruña. A actividade está promovida pola Asociación de Escritoras en Lingua Galega (AELG).
Debuxo promocional da xornada sobre literatura dramática da AELG. (Foto: AELG)
photo_camera Debuxo promocional da xornada sobre literatura dramática da AELG. (Foto: AELG)

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promoverá este sábado a sexta Xornada da Sección de Literatura Dramática titulada "Cartografías da palabra en Acción", unha actividade na que colaboran o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, Cedro e o Centro Camões de Vigo, dentro da que se insire o cuarto Festival Pezas dun Teatro do Porvir, Galiza+Portugal. 

A sesión decorrerá no Fórum Metropolitano da Coruña e ten a intención de pór no foco "unha das manifestacións artísticas máis senlleiras e estratéxicas dun sistema literario e dunha cultura de seu”. 

O director director artístico do Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica de Portugal, Gonçalo Amorim, dará unha aula maxistral

No mesmo marco tamén terá lugar o certame teatral, que quere ser unha sorte de viveiro para “as e os creadores que están a escribir ou a bosquexar algún tipo de peza para os palcos”. Na sesión de mañá representaranse Retake de Amparo Martínez, Efecto flash de Ana Abad e Humanocromo de Susana Lorenzo. 

Ademais, a partir das 12.30 horas fornecerá unha aula maxistral o director teatral do Teatro Experimental do Porto e director artístico do Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica de Portugal, Gonçalo Amorim. 

Na quenda de tarde van ser interpretadas outras tres pezas: Ditados ou o ter de acabar de Isabel Milhanas, Raigame de Sara Guerrero e Meu rei de Daniel González.

Coincide no día a proposta Paseos pola Coruña Literaria Outono 2021, que da man de Érica Esmorís levara o público que faga a inscrición a coñecer dous patios de luces da cidade.

"A través do xogo para espertar a imaxinación e a lectura de diversos parágrafos, poderemos coñecer os máis peculiares e famosos veciños e veciñas que viviron en diversas comunidades de veciñanza", avanza a AELG nun comunicado de prensa.

Comentarios