O teatro galego no aniversario de "O Fidalgo"

Un 17 de xaneiro de 1918 estréase no Teatro Principal de Compostela a obra O Fidalgo de Xesús San Luís Romero. 

Capa de Díaz Baliño. O Fidalgo, 2º Ed. 1925.
photo_camera Capa da 2º edición, 1925, de O Fidalgo

O acontecemento dá pé para que no número do 30 de xaneiro do mesmo ano A Nosa Terra, Boletín decenal, publique un artigo titulado "O Teatro Galego". O texto, que comeza recoñecendo a importancia do teatro como elemento de promoción da lingua (“En Compostela rindíuselle culto estes tempos ô noso idioma e ô noso teatro”) remata dando noticia do éxito desta obra e das facilidades que Compostela presta ao teatro mentres A Coruña se desentende: 

“O teatro galego vai tendo afortunados cultivadores. Hai que axudalos. E adeprender dos de Compostela: aló os aficionados representan con entusiasmo as obras dos seus viciños, 
Eiquí, en troques, as obras de Lugrís, de Carré e outros, siguen sin tere quen as represente. E isto é unha pena”

Lamentabelmente a falta de apoio que na altura A Nosa Terra  limitaba á Coruña é hoxe visíbel por toda a escena galega. 

E non é porque non existan recintos. Nin actores, nin actrices. E por suposto hai público.

O único que non hai é política teatral.

E isto é unha pena


(Pódese ler unha escolma de obra na Biblioteca Virtual Galega)

                                        

Comentarios