Que facer?

Teatro a esgalla na fin de semana (mais tamén fotografía e actos contra a violencia machista)

Vagalume animacion
photo_camera Vagalume Animación

enfocA (Encontro de Fotografía)

Pontevedra
Centro de Interpretación das Torres Arcebispais
Sexta feira
20.00h

Un evento sobre fotografía que reúne unha mostra de fotoxornalistas, conversas con profesionais da imaxe, un roteiro, un obradoiro infantil e unha quedada nocturna para fotografar a cidade. As catro fotógrafas protagonistas da mostra “Olladas da actualidade” son Beatriz Císcar, Cristina Saiz, Mónica Patxot e Alba Sotelo. Terá lugar en Pontevedra do 23 de novembro até o 9 de decembro en distintos escenarios: o CITA; o Pazo da Cultura (presente no Culturgal) e pola cidade. 

Habelas hainas

Carballo
Pazo da Cultura  
Sexta feira
20.30h

Para conmemorar o Día Internacional pola eliminación da Violencia contra a Muller, a asociación cultural Lumieira, en colaboración co Concello de Carballo, organiza un concerto protagonizado por Habelas hainas. 

O furancho

Boiro
Casa da Cultura Ramón Martinez López
Sexta feira
21.00h 

Espectáculo a cargo de Ibuprofeno Teatro, con Marián Bañobre e Isabel Risco nunha  comedia hilarante contemporánea e para público familiar. 

Invisibles

Ames
Casa da Cultura do Milladoiro
Sexta feira
21.00h 

Redrum Teatro continúa con esta obra de creación colectiva a partir do libro homónimo de Montse Fajardo, con diversas historias e un fío común entre elas: a violencia de xénero.

VII Encontro de autoprotección ante a violencia de xénero

San Sadurniño
Casa da Xuventude de San Sadurniño
Sábado
10.30h

Ofrecerase unha charla sobre como detectar as situacións e mesmo como adiantarse a elas aprendendo a identificar os signos do maltrato, manter baixo control un episodio violento e defenderse se chega a producirse unha agresión. 

Os inocentes

A Rúa
Centro cultural Avenida
Sábado
20.00h

Quico Cadaval propón un espectáculo diferente, un monólogo a tres protagonistas, Manuel, Marquiños e Pastor. 

Adeshoras

Ourense
Sala azul do Auditorio de Ourense
Domingo
12.00h

Espectáculo infantil a cargo da compañía Berrobambán, unha peza de teatro xestual e clown protagonizada por Nuria Sanz e Chiqui Pereira. 

Teatro en Ruta

Carballo
Centro social de Ardaña
Domingo
19.00h

Vagalume Animación, dentro do programa Teatro en Ruta, propón para todos os públicos a última parada deste novidoso ciclo itinerante coa peza “O Fontaneiro”.

Comentarios