Tanxugueiras lanzan un novo tema, 'Telo'

"Telo é un canto á música en si mesma, sen prexuízos e sen etiquetas. A música tradicional pódese integrar en harmonía cos ritmos da cultura urbana e dar pé a novas sonoridades sobre as que avanzar", apuntan Sabela Maneiro, Aída Tarrío e Olaia Maneiro. 

 
Tanxugueiras é un dos grupos que viu aprazados os seus próximos concertos en Vilalba e Monterroso.
photo_camera Tanxugueiras é un dos grupos que viu aprazados os seus concertos a causa da COVID-19 (Foto: Nós Diario).

Tanxugueiras seguen a expandir as posibilidades da música tradicional. Por iso, esta fin de semana, co gallo do Día da Música, as cantareiras e pandereteiras sorprenderon nas redes sociais cun novo tema, Telo, no que as bases do hip-hop acompañan as súas coplas, que definen como "trad en estado puro".

"Telo é un canto á música en si mesma, sen prexuízos e sen etiquetas. A música tradicional pódese integrar en harmonía cos ritmos da cultura urbana e dar pé a novas sonoridades sobre as que avanzar", apuntan Sabela Maneiro, Aída Tarrío e Olaia Maneiro. 

O trío regresará moi pronto aos escenarios. Entrementres, indican ao público que pode seguir a súa actividade a través das redes sociais coas conversas Mira unha cousiña..., que se emiten todos os martes ás 21.00 horas en Youtube, Facebook e Instagram. 

Na noite de San Xoán, a convidada será a poeta e creadora Rosalía Fernández Rial. Xa de cara a semana que vén, o 30 de xuño, conversarán sobre a actualidade musical con Salva Ronko, o presentador radiofónico do Maketón Maeloc de Los 40.  

Comentarios