O talento galego cítase no IX Carballo Interplay

O evento terá lugar do 6 ao 9 de abril. No encontro proxectarase a webserie 'Cacola', gañadora do premio ao proxecto en galego 2020.
Fotograma da webserie 'Cacola' (Foto: David Fidalgo).
photo_camera Fotograma da webserie 'Cacola' (Foto: David Fidalgo).

A novena edición do Carballo Interplay, que terá lugar os días 6, 7, 8 y 9 de abril. mantén o seu compromiso co talento galego. A iniciativa reivindicará a creación de contidos dixitais desde a Galiza e en galego, xa sexa en redes sociais como Youtube ou TikTok, no eido audiovisual ou en formato podcast.

Nesta ocasión, os contidos galegos protagonizarán a xornada da quinta feira 7 de abril, que contará con actividades como a gravación dun podcast en directo, a venda de iniciativas que optarán ao premio de Mellor proxecto de serie web ou a celebración do décimo aniversario da webserie Angélica e Roberta

Certame e gravación

A xornada comezará ás 10.30 h. co Certame Dinosaurio Escolas, unha nova iniciativa que busca fomentar a creación de contidos audiovisuais orixinais en galego mediante a creación de capítulos da serie Dinosaurio. O certame estará dirixido aos niveis educativos de Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional de Grao Medio. De entre todos os traballos recibidos seleccionaranse 10 capítulos finalistas que se proxectarán na 10ª edición do festival.

Ademais, neste encontro cos centros educativos tamén se proxectará a webserie Cacola, gañadora do premio ao proxecto en galego 2020, da man do seu creador, David Fidalgo.

Ese mesmo día, ás 12h, terá lugar a gravación en directo de Petiscos no Derby, un formato especial e exclusivo para o Carballo Interplay do podcast Café Derby. No proxecto, creado por Adrián Lede, Nicolás Carreira e Carme Dominguez Prol, participarán Tamara Pazos, Esther Estévez, OlaxonMario e o músico Berto.

Pola tarde, ás 18.30 h., será o momento da final das iniciativas que optarán ao premio de 'Mellor proxecto de serie web', na que as finalistas presentarán a súa proposta de webserie ante un xurado que decidirá cal será a que reciba 3.000 euros de financiación para a realización dos seus tres primeiros episodios. Para terminar a xornada, ás 22:30 h., terá lugar a festa de décimo aniversario de Angélica e Roberta, coa emisión dun capítulo especial.

O talento galego continúa o día 8 ás 18.30 h. coa proxección dos primeros tres episodios de Pringadas, de Belén Puime, a webserie gañadora do Mellor proxecto de serie web da edición pasada. 

Comentarios