'Sycorax' de Lois Patiño na Quincena de Realizadores de Cannes

A curtametraxe que realizou co director arxentino Matías Piñeiro proxectarase o 13 de xullo no  Théâtre Croisette
c58ef09b-5774-32e1-73b2-3387e43b9fb3
photo_camera c58ef09b-5774-32e1-73b2-3387e43b9fb3

A curtametraxe de ficción Sycorax, do cineasta galego Lois Patiño (Lúa Vermella; Costa do morte) e do arxentino Matías Piñeiro (Isabella; La Princesa de Francia) vai participar na 53ª edición da Quincena de Realizadores do Festival de Cannes.

Deste modo, a estrea internacional do filme vai ter lugar no Théâtre Croisette o próximo 13 de xullo ás 14:45 horas.

Sycorax supón a primeira colaboración entre os directores e vai ter continuidade na longometraxe Ariel, que se vai rodar en 2022. Ambas as obras son adaptacións libres d’A tempestade de William Shakespeare.

Ambientado nas illas Açores e co gañador do Premio Goya Mauro Herce na dirección de fotografía, a curta céntrase na personaxe da bruxa Sycorax e nel “fúndense teatro e paisaxe”.

Segundo os dous cineastas, n'A tempestadeatopamos un cruce de camiños entre as nosas visións, que nos axudou a fundir texto e silencio, movemento e quietude, nunha proposta que nos axuda a definir o tipo de películas que rodaremos no futuro”.

“Con Sycorax”, engaden os directores, “recuperamos o texto clásico cun toque contemporáneo, que dilúe os límites da representación permitíndonos pór en cuestión a visión patriarcal dunha personaxe feminina sen voz, a nai de Calibán, a primeira bruxa que pisou a illa”.

Sycorax é unha coprodución entre España (Beli Martínez - Filmika Galaika) e Portugal (Rodrigo Areias - Bando à Parte), na que as actrices Agustina Muñoz, Diana Diegues e Susana Abreu interpretan as protagonistas.

Comentarios