Suso de Toro recibe a Creu de Sant Jordi da Generalitat

O escritor Suso de Toro foi recoñecido coa Creu de Sant Jordi otorgada pola Generalitat, unha das máximas distincións que concede o goberno catalán pola súa  “visión positiva da identidade catalá”. 

Suso de Toro
photo_camera Suso de Toro

A súa “visión positiva da identidade catalá” ademais de que a súa obra e o seu traballo como articulista “exploran vías de diálogo sobre a realidade política española” xunto co seu “activismo cívico a través de plataformas de reivindicación ambiantal”,  son as razóns que o goberno catalán dá para concederlle ao escritor Suso de Toro un dos seus máximos galardóns, a Creu de Sant Jordi, concedida maiormente a personalidades de Cataluña. Canda o escritor galego, nesta edición foron galardoados o escritor Jaumem Cabré, filólogo José Manuel Blecua, a xurista Alegría Borrás ou o compositor Xavier Berenguel. 

Nunha entrevista recente, publicada por Sermos Galiza, de Toro afirmaba que sempre admirara “a dignidade cidadá que se dá en Catalunya”. ·"Desde moi novo tiven claro que o que precisaba o meu país era esa conciencia de cidadanía. Avanzan construíndo. España non é democrática mais a sociedade catalá si. É unha sociedade que debate, con moita diversidade, que é quen de pactar, de negociar e ter un entendemento colectivo, profundo, de seren unha nación”, engadía o escritor, deixando á vista a a súa admiración polo proceso que se está a desenvolver en Catalunya. 

"España non é democrática mais a sociedade catalá si. É unha sociedade que debate, con moita diversidade, que é quen de pactar"

“ A prensa de Madrid foi a peor. Teño publicado en cabeceiras madrileñas artigos que defendían o recoñecemento das nacionalidades mais hoxe xa non é posíbel. O españolismo é descarnado e vai acompañado dunha desinformación absoluta. O que pide esa prensa é a ocupación militar de Catalunya e oculta aos seus lectores a existencia das nacións. España é Madrid, a corte, a oligarquía madrileña. Logo están os vascos e cataláns e aquí temos a Feijóo, un chico de provincias que responde a esa oligarquía madrileña”, explicaba Suso de Toro, a quen tamén se lle recoñece co Creu de Sant Jordi a súa activa participación na plataforma Nunca Máis, sendo o primeiro autor que publicou un libro sobre o atentado do Prestige sobre as costas galegas, a donde se dirixiu cun caderno de notas nada máis chegar o chapapote ás praias. 

Comentarios