mércores 29.01.2020

Susana Sánchez Aríns e Marta Chaves gañan na 'primavera poética' de aRi(t)mar 2019

As votantes elixen 'e isso é o amor' e 'Fachada' como os mellores poemas editados na Galiza e Portugal respectivamente.

Susana S. Aríns e María Chaves.
Susana S. Aríns e María Chaves.

Xa hai gañadoras da iniciativa de aRi(t)mar para elixir os mellores poemas editados na Galiza e Portugal ao longo de 2018. As participantes nas votacións elixiron 'e isso é amor' de Susana S. Aríns e 'Fachada', de Marta Chaves como os seus favoritos.

'Lista da compra da viúva', de Enma Pedreira e 'É com palavras que te vou gardar' de Alice Vieira foron os segundos máis votados para Galiza e Portugal, respectivamente.

En terceiro posto, as galegas Andrea Nunes e María Rosendo con 'Polinizándome' e o portugués José Luis Barreta con 'Nómadas'.

Os poemas nomeados que participaron nesta edición poden coñecerse aquí

aRi[t]mar é unha iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela para dar a coñecer e difundir a poesía e a música de Galiza e Portugal.

comentarios