Super Woden GP, o videoxogo vigués que lembra o espírito dos 90

O estudo ViJuDa, fundado en 2020, recrea con este traballo os xogos de velocidade que atopabamos nos salóns recreativos de finais do século XX.

O Woden GP de ViJuDa (ViJuDa).
photo_camera O Woden GP de ViJuDa (ViJuDa).

A creatividade non se pelexa coa lembranza. Foi o que pensaron no estudo vigués ViJuDa cando iniciaron a súa andaina no difícil mundo dos xogos en pantalla.

E para comezar nada mellor que buscar inspiración nos xogos que estaban presentes nos salóns recreativos na Galiza dos anos 90, entre eles os de carreiras de velocidade.

Con esta idea nace Super Woden GP e a épica competitiva con imaxe aérea das carreiras que protagonizaban Carlos Sainz e o seu copiloto, o galego Luís Moya.

Patrón clásico e idiomas

O patrón deste xogo segue a clásica competición contrarreloxo e alcanzar o mellor tempo. E semella que a idea foi moi ben acollida nas redes sociais onde atopamos múltiples comentarios positivos enviados desde varios países do mundo.

Alén diso, recupera o mapa en pequeno tamaño para adiantarse ás manobras da carreira penalizando cada erro, algo que dificulta e atrae cando se comeza.

Este xogo, ademais, inclúe a posibilidade de contar con diversos idiomas como o galego, o catalán ou o éuscaro..

O seu autor asegura en twitter que se pensa "seriamente en dedicarme profesionalmente a isto e seguir facendo xogos comerciais".

Aínda así aclara que "o malo que durante este tempo vin cousas moi boas, e cousas pois moi malas, cousas para as que non me vexo con moitas ganas".

Comentarios