Os suevos: o primeiro reino medieval de Occidente

Pouco sabemos deles, pero unha exposición da Deputación de Ourense promete poñer algo de luz neste misterioso período no que a Gallaecia se converteu no primeiro reino medieval de Occidente logo da chegada deste pobo xermánico. Eis un extracto da reportaxe que publicamos ao respeito no número 242 de Sermos Galiza.

Busto de bronce dun guerreiro suevo (do Museo Nacional de Hungría)
photo_camera Busto de bronce dun guerreiro suevo (do Museo Nacional de Hungría)

En Galiza hai catro lugares chamados Suevos, en Ames, Arteixo, A Baña e Mazaricos. E só fican 43 persoas que leven este apelido en todo o país. A pegada deste pobo -chegado da Panonia centroeuropea- na Galiza actual é escasa, aínda que nos últimos anos algúns grupos culturais, entre eles a Gentalha do Pichel, reivindicaran o noso pasado suevo, recuperaran a bandeira amarela co león e o dragón e mesmo festexaran o San Martiño de Dume como o San Patricio galego que trouxo o cristianismo a Galiza.

2Este período da Gallaecia da tardo-antigüidade é un dos máis escuros pola escaseza de fontes e quizais por iso nunca se tivera feito ningunha exposición monográfica sobre os suevos, como si se fixeron doutros pobos chamados bárbaros no sur de Europa, como os godos, os visigodos ou os vándalos.

Tampouco é unha época moi estudada no ámbito académico galego, polo que a nova da exposición In Tempore Sueborum -que organiza a Deputación de Ourense e que se estreará o vindeiro novembro- foi recibida con expectación en moitos ámbitos. De feito, tal e como recoñece Jorge López Quiroga, un dos comisarios da mostra xunto con Artemio Martínez, moitos museos galegos e portugueses xa se interesaron, ao igual que o Museo Nacional de Bratislava. E algunhas cidades como Braga, capital daquel reino, amosaron xa o seu desexo de acollela tamén alí.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 242, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

Máis en Información do Reino
Comentarios