Que facer?

A subida ao Pico Sacro no pórtico do Día da Patria Galega

9

Música en San Martiño Pinario

Compostela

Sexta feira. Igrexa de San Martiño Pinario (21.00 h)

Esta igrexa será o escenario dun novo concerto da Real Filharmonía de Galiza, con entrada de balde até completar aforo. 

Cancións Clínicas, de Chicharrón

Carballo

Sexta feira. Praza do Concello (22.30 h)

Dentro da programación do Verán Cultural, ofrécese esta velada musical con selo carballés a cargo de Chicharrón, unha banda que se move polo indie rock.

VIII Festival Aturuxo

Ourol (Bravos).

Sexta feira.

Xantar popular, foliada e concertos a cargo de Farrapos de Ghaita, Collón de Lola, Som do Galpom, Rosa Cedrón e Zënzar.

Festival das Carrilanas

Esteiro

Sexta feira

Cun cartaz de luxo que xunta Dakidarría, Terbutalina, Novedades Carminha, Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre e Nao, entre outras.

Dia da Patria

Ferrol

Sábado. Praza do Himno Galego (12.00 h)

A Praza do Hinno Galego, em Ferrol, acollerá por cuarto ano consecutivo unha jornada reivindicativa e festiva para celebrar o Dia da Patria, que terá lugar a próxima quinta-feira, 25 de xullo. A mobilización foi convocada pola Fundaçom Artábria, xunto ao BNG de Ferrol, CIG-Ferrol, Cerna, Causa Galiza, Briga Juventude Revolucionária, Erguer, Estudantes da Galiza, Galiza Nova Ferrolterra, Eume e Ortegal, Semente Trasancos e Vía Galega.

Rap e regueifa feminista

Pontevedra. O Quilombo. 

Sábado. 

Encontro de rap e regueifa feminista, dirixidas especialmente a persoas non binarias, transexuais e transxénero, da comunidade LGBTIQ e outras mulleres.

Visitas teatralizadas nas Torres do Allo

Zas

Até 25 de agosto.

Poderás coñecer un dos pazos máis antigos de Galiza e descubrir a historia das Torres do Allo a través das visitas teatralizadas a cargo da compañía “Os Quinquilláns”.

Alba de Groria e subida ao pico sacro

Compostela

Sábado (12 h)

Co gallo do 125 aniversario do nacemento de Castelao, as asociacións culturais O Galo e Vagalumes organizan o sábado 20 de xullo unha subida ao Pico Sacro para ler no seu cumio o discurso “Alba de Groria”. A xornada comeza ás 12.00h, xunto a antiga fonte do Pico Sacro, cun recital e a benvida a cargo da escritora Marta Dacosta. A lectura de “Alba de Groria” corre a cargo das socias das asociacións O Galo de Santiago, Vagalumes da Estrada e da entidade convidada deste, a Alexandre Bóveda da Coruña. Xa na baixada contan cunha parada nas covas da raíña Lupa para visitalas baixo a guía da poeta Iolanda Aldrei. A xornada continúa pola tarde, ás 17.00h, cun roteiro guiado por Aldrei ao mosteiro de Camanzo e, ás 18.15h, ao poboado mineiro de Fontao, da man do director do museo da minería do wolframio alí instalado.

Galicia Máxica: romarías e santuarios

Compostela.  Museo do Pobo Galego 

Até 22 de setembro

“Galicia Máxica: romarías e santuarios” é unha mostra de fotografías etnográficas do antropólogo danés Gustav Henningsen (Slagelse, Dinamarca, 1934). Composta por máis de oitenta fotografías e imaxes, mostran os santuarios e romarías galegas máis significativas, un traballo de campo preciso que Henningsen realizou a mediados da década dos sesenta. As romarías como lugar común, entre o profano e o sacro, capturadas nunha amálgama de milagres, procesións, ofrendas e exvotos, e celebracións festivas ao aire libre, reunións e festexos. Unha cita propicia para abrir novos diálogos e render tributo tamén aos traballos do actual homenaxeado polo Día das Letras Galegas, Antonio Fraguas. Poderá verse no Museo do Pobo Galego até o 22 de setembro. 

Comentarios