O street punk de Skacha, este sábado en Compostela

Nove anos despois da súa última gravación, Catro, Skacha regresa aos escenarios. Este sábado 18 de maio, a partir das nove e media na Sala Malatesta de Compostela, revalidarán a súa reestrea de hai unha semanas en Vigo. O seu street punk de bordos oi!, fundamental na música galega subterránea da mudanza de século, segue falando ao caso.
 

skacha
photo_camera A banda de Coia (Vigo) Skacha. Imaxe: cedida.

Ou iso pareceron considerar os centos de persoas que ateigaron o Rouge, en Vigo, o catro de maio e que para este sábado practicamente esgotaron as entradas. Sete anos sen Skacha son demasiados, é como se pensasen.

A banda, activa entre 1993 e 2012, publicou oito discos e neles atravesou a evolución fonográfica: casete, cedé, vinilo. Procedentes de Coia, barrio obreiro vigues de bloques altos, descampados, rotondas e traballadores organizados, a súa música é crónica dun tempo e dunha clase. Orgullosa, combativa, rugosa, acelerada, coreábel. Sempre ceibes (1995), Skacha (1999) ou Estado de sitio (2001, compartido con outras bandas de Vigo) amosan rabia e diversión consciente, punk en máximo grao de pureza.

A formación que sibirá ás táboas da Malatesta é a mesma que, en 2006, A ferro e lume: Esteban na voz, Kino na batería, Gontxu guitarra e coros, Pablo baixo e coros, e Martín na guitarra.

Comentarios