O Sonoro Maxín pon o 28 de febreiro en Compostela fin a un ano de silencio

sonoromaxin

O Sonoro Maxín volve aos escenarios poñendo fin así a un ano de silencio. O grupo ourensán, responsábel de temas con oco propio na historia do rock galego como ‘Licor do negro café’ ou ‘Quéroche máis’, retoma os directos e faino o 28 e 28 de febreiro, en Compostela e Mos, respectivamente. Unha volta para a que terán como acompañantes a Gatibu, un dos grupos máis potentes da música vasca.

A xira chámase ‘De navallas e cumbias’ e queren demostrar que seguen a ser a alma de calquera festa. “O Sonoro Maxín comeza, como unha tarazana, un camiño de ida e volta para compartir, a través da súa música, os momentos e os lugares nos que naceu, creceu e amou. Reclamando un espazo para poder bailar mellor. Reivindicando a música como unha arma de construción masiva”, indican nun comunicado.

Comentarios