O Sonoro Maxín estrea novo disco, 'Sete dezasete'

Os abandeirados da "Galiza tropical" regresan desde Ourense con novo disco que segue polos vieiros da música festiva e de mestizaxe. 

sonoromaxin
photo_camera Ico, de O Sonoro Maxín, no Reperkusión 2014, con Manu Chao

O grupo liderado por Ico (ex Lamatumbá), estrea novo disco producido por Marià Roch (de La Troba Kung Fu), no que segue apostando por manter a súa liña de música festiva, de mestizaxe con ritmos latinos e por seguir acuñando o termo de Galiza tropical. 

Seguen a apostar por manter a súa liña de música festiva, de mestizaxe con ritmos latinos e por seguir acuñando o termo de Galiza tropical. 

Sobre este novo disco, os ourensáns explícano así: "presentamos unha chea de cancións que falan dun lugar da nosa vida que leva o teu nome, baila coma ti e canta como ti cantas”. E sobre a razón do título: “O 7 e o 17 son os días de feira en Ourense. Ao redor da praza de Abastos, agrúpanse, nunha distribución que semella aleatoria, o rianxo, postos de roupa, música, ferramentas, libros, calzado, remedios naturais, queixos, complementos... Todo o que che cómpre! As músicas de 'Sete dezasete' nacen deste caos organizado, desta feira cambiante que non somos quen de ordear completamente. Cada día na nosa cabeza, nos nosos pés, no noso corazón, na nosa vida imaxinamos o xeito de darlle forma a tremendo desorde".

setedezaseteEste novo traballo está xa dispoñible en tendas de todo o país e tamén na principal platforma dixital, Spotify. E esta fin de semana comeza a xira de presentación de 'Sete dezasete' en Ourense cunha cita dobre: a sexta 21 na Auriense e o sábado 22 en El Pueblo. E as vindeiras ocasións de velos en directo será en Carballo (28 de abril, sala dublín), Bueu (30 de abril, Aturuxo), Pontevedra (5 de maio, Karma), Vilar de Santos (7 de maio, Arca de Noe), San Sadurniño (12 de maio, Dzine), Compostela (13 de maio, Festa do Dezassete que se fai o Trece), Melide (16 de maio, Gatos), A Coruña (19 de maio, Garufa) e Mos (26 de maio, festa de San Franco de Dornelas).

Comentarios