Festival en Ames

SolporSon, música fóra dos núcleos urbanos

O SolporSon terá lugar no campo da festa de Biduído (Ames) este sábado 14 de decembro a partir das 17 horas, co obxectivo de promover a música en galego entre a mocidade da zona.
De Vacas, en concerto no Carballiño.
photo_camera De Vacas

Este sábado 4 de decembro terá lugar no campo da festa de Biduído (Ames) o SolporSon, un festival que procura promover a música galega entre a mocidade da zona.

O festival parte dunha aposta clara nos “grupos que promoven a nosa cultura”, explica desde a organización Rosalía Seijas. Ademais, pretenden “facilitar a oferta cultural fóra dos núcleos urbanos”.

Contará coa presenza de dous grupos locais que ensaian no local habilitado para tal fin polo Concello, A Fábrica. Neste senso, é tamén unha “oportunidade para dar a coñecer entre a mocidade da zona a existencia deste espazo”.

A xornada comezará ás 17 horas cunha batalla de galos. A partir das 19.30 horas terán lugar as actuacións musicais de Náiade, Triska, Monoulious Dop, De Vacas, Biribirlocke e Sondarúa.

Destinado a todos os públicos, o festival estará presentado pola xornalista Paula Señarís.

Comentarios