Os días 8, 9 e 10 de setembro

Siniestro Total, Rosendo, New Day e De Vacas no Festival da Luz deste ano

O Festival da Luz peche a súa programación definitiva cunha gran variedade musical e esgotando entradas. O festival solidario impulsado por Luz Casal terá lugar os días 8, 9 e 10 de setembro en Boimorto. Nesta ocasión a recadación das entradas doarase a Oncomet.

Festival da Luz 2016
photo_camera Festival da Luz 2016

Entre os novos grupos que se sumarán a esta edición do festival están Rosendo, Siniestro Total, New Day, De Vacas, Chris Barron, Jorge Casal e Leirabuxo. Estas últimas incorporacións únense a un cartel que conta xa con máis de corenta artistas entre os que se contan Mago de Oz, Jarabe de Palo e Treixadura.

Ademais, actuarán tamén Miguel Alberte, Superglú , Pandereteiras de Verducido e Rastakeltia, gañadores da IV Edición de Cultivando Música, o concurso de maquetas que organiza cada ano o Festival da Luz e Estudios Mans.

Pero non todo será música neste festival. Durante os tres días os asistentes poderán disfrutar de diversas actividades como a Carpa do Cine e Teatro ou o Mercado da Luz. Contarase tamén cunha “Zona Infantil” para que os máis pequenos disfruten de espectáculos, talleres, inchábeis e xogos populares.

O sábado pola mañá terá lugar a segunda edición da carreira “Cultivando Deporte” e por suposto, non faltarán propostas gastronómicas, culturais e demais dentro das actividades do Mercado da Luz.

Na súa sexta edición, o Festival da Luz doará o recadado en abonos ao Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet). Os fondos serán destinados á contratación de persoal, instrumental e material funxíbel para levar a cabo un proxecto de investigación dentro do campo da Biopsia Líquida.

Comentarios