Silvia Penas gaña tamén o Avelina Valladares de poesía

Silvia Penas continúa acaparando premios de poesía. Logo do da Universidade de Vigo, o GZ Crea, o Vitoriano Taibo e o Lueiro Rey, nesta ocasión tocoulle a quenda do Avelina Valladares que concede o Concello da Estrada. 

Onte xoves o xurado da XIX edición deste galardón seleccionaba por unanimidade o texto presentado baixo o lema “Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores – Vita la Vita”. Deste poemario destacou “a súa coidada estructura literaria na que a secuencia do andar dos días vai trazando un esquelete harmonioso e que lle dá á obra consistencia, cualidade e boa lectura”.

Con anterioridade, Silvia Penas resultou gañadora do Premo de Poesía da Universidade de Vigo en 2005 co poema “Neste bosque” e do Certame Galego de Creadores Novos Gzcrea con “A tiranía do nes”. Con Elvira Riveiro, as dúas petencentes ás Redes Escarlata, escribiu “Biografía da multitude”, Premio de Poesía Victoriano Taibo en 2009. En 2013 levou a primeira edición do Lueiro Rey de poesía.

Ten publicado 'As uñas crecen' (Sotelo Blanco, 2014) en solitario e 'Biografía da multitude, 2014, Sotelo Blanco.' xunto con Elvira Riveiro (IEM, 2009). 
 

Comentarios