Sicixia xa está dispoñíbel en Filmin e Movistar+

O último traballo de Ignacio Vilar, Sicixia, está xa dispoñíbel na plataforma de cinema dixital Filmin. Ademais, o filme de Vía Láctea Filmes, está tamén en Movistar +.

Sicixia
photo_camera Fotograma do filme Sicixia

Durante o seu primeiro mes en liña en Filmin, as longametraxes de Ignacio Vilar foron alugadas en máis de 800 ocasións. A esmorga e Sicixia encabezan a lista cunha media de 10 visionados diarios por filme segundo datos de Vía Láctea Filmes.

CINEMA AO AR LIBRE

Esta quinta feira 31 de agosto proxectarase Sicixia en Barbadás ao aire libre. No encontro estará presente de Ignacio Vilar, director da longametraxe. A proxección terá lugar no Parque da Solaina, n'A Valenzá, ás 22:00. 

Comentarios