Este domingo estréase 'Sicixia', con coloquio posterior co seu director, no WorldFest de Houston, que se celebra do 21 ao 30 de abril na cidade texana, onde se proxectarán outras 88 longamentraxes procedentes de todo o mundo. Alí competirá na categoría de filme estranxeiro, onde opta aos galardóns de mellor filme estranxeiro e premio especial do xurado, entre outros.
Por outra banda, a fita de Vilar estrearase no emblemático Cinema Maldá de Barcelona no marco da Semana das Letras Galegas . Poderá verse un pase diario desde o 12 ao 18 de maio ás 20.30 horas.