Sicixia, entre os 12 mellores filmes do ano producidos no estado

O último filme de Ignacio Vilar aparece na relación dos 12 mellores filmes do ano producidos no estado no dixital Nosolocine.NET. A película alcanzou a pasada sexta feira a súa sexta semana en cartaz no cinema Compostela.

SICIXIA
photo_camera Vilar mostra o premio a Marta Lado

Sicixia continúa a gañar o favor da crítica -lembremos a súa boa executoria no festival de Tolouse, co premio á mellor actriz para Marta Lado- e desta volta aparece na listaxe das 12 mellores producións estreadas en territorios do Estado español en 2016.

En concreto, o filme de Ignacio Vilar alcanza o oitavo posto dun ranking que lideran Que Dios nos perdone, de Rodrigo Sorogoyen, e Tarde para la ira, de Raúl Arévalo, primeiro e segundo filme da clasificación, respectivamente.

Sicixia superaría no ranking filmes como La reconquista, de Jonás TruebaEl elegido, de Antonio Chavarrías; Julieta, de Pedro Almodóvar (a fita eleita pola academia española para concorrer aos Óscars, finalmente non pasou a peneira de Hollywood) e Migas de pan, de Manane Rodríguez.

O poético filme de Vilar consumou a pasada sexta feira unha proeza, ao rexistar a súa permanencia en cartaz por sexta semana consecutiva na Galiza, en concreto no Cinema Compostela da capital galega.

Comentarios