Sés vese na obriga de cancelar varios concertos ao coñecer o seu positivo en Covid-19

A cantareira, que se atopa en bo estado no seu domicilio, comprométese a contar cunha nova data na Coruña para presentar, ao vivo, o seu último disco, como estaba previsto para este domingo. O aprazamento tamén afecta a outras actuacións, como o sábado 10 no Rosal e a cuarta feira 14 en Santiago. 

Sés 1, cantante, imaxe promocional, liberar as arterias
photo_camera Sés.

Sés vese na obriga de aprazar os concertos de presentación de Liberar as arterias, o seu último álbum, axendados nas próximas semanas após coñecer o seu positivo en Covid-19.

A cantareira atópase en bo estado e confinada no seu domicilio, e quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade ao seu público, ao que agradece a confianza no seu traballo.

Sés lamenta non poder celebrar o reencontro coruñés, mais promete atopar, o antes posíbel, unha nova data. O aprazamento tamén afecta a varias actuacións previstas, como a de mañá no Rosal, coa banda completa, e a de Santiago de Compostela a cuarta feira 14 de outubro, en formato dúo.

A actuación na Coruña, prevista para o domingo 11 ás 20.30 horas no Pazo da Ópera, tamén se cancela. Todas aquelas persoas con entrada para esta que o desexen poden solicitar xa a devolución. A plataforma web porase en contacto ao longo desta xornada cos compradores para trasladar a posibilidade da devolución, así como o procedemento e prazos para solicitala, que será até o 25 de outubro.

Comentarios