domingo 19.01.2020

Sés presentará o seu novo disco, 'Liberar as arterias', cunha xira que a levará até Suramérica

O traballo publícase en febreiro. A cantautora actuará na Galiza, América do Sur ou Catalunya, entre outros escenarios. Os primeiros concertos, en Vigo e na Coruña en marzo.

Sés
Sés

Sés presentará o seu novo traballo discográfico Liberar as arterias, no Teatro Afundación de Vigo o 6 de marzo e no Pazo da Opera da Coruña o 22 de marzo. Ambas cidades acollerán o inicio da xira que a cantautora bergantiñá realizará en 2020 para presentar o que é o seu sétimo disco. As entradas estarán dispoñibles a través de Ataquilla.com  o día 16 decembro de 2019 ás 10:00.

En Liberar as arterias Sés segue evolucionando co seu particular son e no que conflúen unha escolma de cancións, con letra e música compostas pola propia cantante. Con ‘Liberar as arterias’, que verá a luz en febreiro de 2020, iniciará unha xira de concertos que a por diferentes escenarios de América del Sur , diversas cidades do Estado (Barcelona, Ponferrada, Bilbao, Donostia, Málaga, Madrid, Asturias, Valencia..) e aos principais teatros galegos.

comentarios