Sés, Nao, Os da Ría, Grampoder, A Quenlla ou Festicultores para un novo Festigal

Sés, Nao, Festicultores, A Quenlla, Os da Ría, Habelas Hailas, Grampoder ou García MC son algunhas das propostas musicais do programa de máis de cen actividades do Festigal 2014. 

Sés
photo_camera Sés

Máis dun cento de actividades integran o programa dun novo Festigal que se desenvolverá os días 24 e 25 de xullo no campus sur de Compostela como o festival da cultura e a creatividade que cada ano    se celebra arredor do Día da Patria. 

Unha comisión organizadora, integrada por membros de Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre, está a ultimar o amplo programa do que avanzan a presenza dos concertos de Sés, Nao, Festicultores e A Quenlla ademais de contar no café concerto coas actuacións de Habelas Hainas, Os da Ría, García MC e Grampoder, entre outras moitas propostas. 

Deportes, librarías, obradoiros infantís, tendas de artesanía, exposicións, debates, danza e xogos tradicionais  teñen tamén o seu espazo no Festigal que se presenta xa como unha das feiras máis relevantes no panorama galego. 

Comentarios