Sermos Galiza publicará un documento inédito do Cunqueiro mozo e arredista

O semanario Sermos Galiza publicará esta quinta feira un documento inédito do Cunqueiro mozo e arredista. Trátase dun manuscrito datado en 1924 que mostra as arelas nacionalistas do escritor no seu tempo de Mondoñedo.

Álvaro Cunqueiro
photo_camera Álvaro Cunqueiro

O semanario Sermos Galiza vai facer público esta quinta feira un singular documento manuscrito do escritor Álvaro Cunqueiro no que manifesta o seu sentimento arredista. Datado en Mondoñedo en xaneiro de 1924, cando o escritor contaba con pouco máis de trece anos de idade. No inédito móstrase o sentir do escritor de novo e o seu anceio dunha “Galiza libre”, termos que deixa manuscrito. Sermos Galiza adiantará a existencia doutros escritos inéditos da mocidade do escritor. 

Comentarios