Sermos Galiza mergúllase na beleza dos espazos esquecidos

O semanario analiza o lado máis oculto e menos frívolo de Eurovisión e entrevista ao escritor Manuel Darriba. Se queres conseguir este número non tes máis que acudir mañá ao teu quiosque ou facer a compra na nosa loxa en liña.
Unha das reportaxes que vas atopar no semanario. (Foto: Nós Diario) #sermosgaliza #sermos #semanario #urbex #eurovisión #gonzalodarriba #452
photo_camera Unha das reportaxes que vas atopar no semanario. (Foto: Nós Diario)

Case sen tempo para aproveitar a semana chega un novo sábado e con el sae un novo número do Sermos Galiza! Mañá poderás atopar o semanario nos quiosques e puntos de venda habituais cunha capa evocadora que xa conta algo do que te vas atopar no interior...

Un dos temas principais vai ser a afección da investigación urbana, máis coñecida polas fanáticas como urbex. En 'Urbex: Estéticas do abandono', Irene Pin conta con varias testemuñas que explican a atracción dos espazos abandonados, dos lugares en decadencia que xa poucos lembran. E fornece algunhas chaves para practicar esta actividade de lecer sen entorpecer a mirada das persoas que virán despois.

Aliás, Héctor Pena descobre un lado do festival de Eurovisión descoñecido para moitos. Mais aló dos debates superfluos sobre o éxito de España nesta cita da canción, o xornalista lembra que tamén hai certa reivindicación que sobresae, de cando en cando, baixo o título '(Euro)son protesta. Da Revolução dos Cravos aos conflitos territoriais'.

Poderás ver desde cuestións políticas a actos de visibilidade para diferentes colectivos.

Na entrevista 'Manuel Darriba: a voz heterodoxa', Montse Dopico fala co autor -que é fotografado por Toño de López- dos seus personaxes, dos recursos literarios, das referencias na escrita galega e mesmo de filosofía.

E cando o repaso estea rematado, quizais sexa tempo de saír a Andar e Ver co Colectivo Xea. Desta volta, Xan Colazo, Mon Daporta e Adela Leiro van facer de guías por 'Zas. Ruta da Auga'.

Mais, non quedan atrás as recomendacións de libros, da man de Mario Regueira e Manuel López Foxo; música grazas ao ouvido de Herminio González e Jasper; ou cinema visto desde a sabedoría de Andrés Castro.

Nesta ocasión, tamén atendemos ao arte grazas á recensión de Carlos L. Bernárdez e coñecemos un pouco máis de historia na sección Aquelas galegas de Cilia Torna. Paréceche moito contido? Pois aínda terás por facer os pasatempos de Xerardo R. Roca e Xoán Costa.

Xa sabes que para gozar de toda esta información só tes que acudir mañá ao quiosque e pedir o Sermos Galiza que acompaña ao Nós Diario ou facer a compra na nosa tenda en liña. Para outra vez fai como miles de galegas e galegos e confía en Nós coa túa subscrición!

Comentarios