Sermos Galiza desvela a saída do volume 'O escudo do reino da Galiza'

Ademais de entrevistar o autor da obra, Héitor Picallo, o semanario analiza o mercado editorial galego previsto para outono e debate coas televisións públicas galega e portuguesa sobre os novos formatos e o público do futuro. Queres presumir de estar ao día? Non deixes que o teu caderno quede no quiosque este sábado.
Imaxe da entrevista a Héitor Picallo pola publicación do libro 'O escudo do reino da Galiza'. (Foto: Arxina) #héitorpicallo #oescudodoreinodagaliza #publicación #sermosgaliza #sermos
photo_camera Imaxe da entrevista a Héitor Picallo pola publicación do libro 'O escudo do reino da Galiza'. (Foto: Arxina)

O escritor e investigador Héitor Picallo e Nós Diario están de noraboa. Sermos Galiza desvela na súa edición deste sábado o motivo: está a piques de saír do prelo o libro O escudo do Reino da Galiza. Unha (re)visión (inter)nacional, unha nova publicación na que ambas partes xuntaron os seus esforzos.

A directora do xornal, María Obelleiro, analiza co autor o que poderán atopar as lectoras e lectores na súa obra na entrevista ‘Héitor Picallo: As armas do reino’.

Ambos falan deste volume -que pronto chegará ás librarías e que estará no mercado de forma vantaxosa para subscritoras e subscritores, e tamén para aquelas persoas que merquen o diario- analizando a presenza do escudo da Galiza en distintos lugares do mundo ao longo da historia.

A relación co cáliz e coas cruces deste símbolo do país tamén sae na conversa, ao igual que a perda do carácter laico e a importancia política do escudo.

Televisión e literatura

Mais este non será o único contido do suplemento. Lois Alcayde asina ‘A televisión máis alá da televisión’, reportaxe na que ten a oportunidade de saber dos novos soportes e dos novos públicos a través das palabras de representantes da CRTVG e a RTP lusa.

Pola súa banda, Mario Regueira fornece un ‘Outono de libros’ no que repasa polo miúdo todas as novidades editoriais que se esperan para esta tempada, incluídas as traducións -nun contexto convulso para este subsector- e a poesía.

Como excepción, esta fin de semana o Colectivo Xea (formado por Adela Leiro, Mon Daporta e Xan Colazo) non sae de ruta, pois prefire concienciar de que o necesario é ‘Andar e ver... e respectar’ o medio ambiente.

Outras propostas de lecer

Na sección de libros Mario Regueira analiza Todas mortas e (quase) esquecidas, unha obra coral, e Manuel Barreiro propón gozar coa banda deseñada O destino de Kameko, obra de Abel Alves e Jorge Campos.

O apartado de música resérvase para o disco Peixe, autoeditado por Xisco Feijóo, e recomendado por Olga Brañas, e para unha lembranza a Mikis Theodorakis e o seu legado, dos que fala Fernando Montenegro. Andrés Castro fai a súa habitual escolma de cine reparando especialmente na cinta Vigo 1972 coa crítica 'Días memorábeis e tráxicos'.

Pepe Barro escribe ‘Barroooooo’, unha homenaxe ao precursor da automoción, e Lázaro Armental fala de arquitectura no artigo ‘Unha casa en barrios diferentes’. Fechan o semanario os pasatempos de Xerardo R. Roca e Xoán Costa.

Que como podes conseguir todos estes contidos? Só tes que mercar Sermos Galiza, que atoparás este sábado con Nós Diario, nos quiosques ou na nosa tenda en liña. Se para outra a présa é a túa compañeira, o máis cómodo é que fagas xa mesmo a túa subscrición!

Comentarios