Sermos Galiza debate con García Negro sobre a figura do intelectual Ricardo Carvalho Calero

O semanario, que atoparás mañá nos quiosques e outros puntos de venda habitual acompañado do 'Nós Diario', tamén analiza a polémica derivada da moratoria á plantación de eucaliptos e fala das citas teatrais deste verán. Non o deixes quedar atrás!
Imaxe da entrevista a María Pilar García Negro. (Foto: Nós Diario) #maríapilargarcíanegro #autora #carvalhocalero #sermos #sermosgaliza
photo_camera Imaxe da entrevista a María Pilar García Negro. (Foto: Xurxo Lobato)

Xa estabas agardando que chegara un novo sábado e con el un novo número do Sermos Galiza, non si? Esta semana levamos oferta cultural pero tamén temas para a reflexión.

A escritora e profesora María Pilar García Negro é a protagonista da capa, pois na entrevista concedida a Montse Dopico fala da súa nova publicación. En 'García Negro: Recuperar a historia', a analista repara novamente na figura do intelectual ferrolán Ricardo Carvalho Calero, ao que se lle dedicaron as Letras Galegas do ano pasado.

A mestra vén de sacar ao mercado Rectificar a historia: Escritor sobre Ricardo Carvalho Calero coa editorial Laiovento e na conversa fornece detalles dese escrito, ademais de falar doutros temas de actualidade como é o uso da lingua galega.

O tema de apertura do Sermos é unha reportaxe de Mar Álvarez titulada 'Eucalipto: Moratoria ou fraude?' que aborda a política seguida pola Xunta a este respecto e o suposto efecto chamada que denuncian numerosos colectivos. Tamén Ence ten o seu espazo.

Pola súa banda, Manuel Xestoso conta que é 'Tempo de festivais. Un verán de teatro' e invita a acudir a algunhas citas con esta expresión artística, mesmo en Portugal.

De viaxes tamén vai o Andar e ver, pero neste caso Mon Daporta, Adela Leiro e Xan Colazo (do Colectivo Xea) quedan máis preto da casa e propoñen ir 'De Ponte Taboada ao castro de Bendoiro'.

Neste número os libros e a banda deseñada póñena Mario Regueira e Manuel Barreiro, mentres que a música chega da man de Olga Brañas, Celia Eiras e, mesmo, un famoso porco bravo. Andrés Castro cóntache o cinema que non podes perder.

Aliás, na sección de deseño Pepe Barro analiza o novo museo sobre a figura de Cabanillas, en Cambados, e Lázaro Armental fala de vivendas unifamiliares no espazo reservado á arquitectura. Completan o semanario os entretidos pasatempos de Xerardo R. Roca e Xoán Costa.

Non queres perder nin unha palabra? Só tes que mercar o Sermos Galiza que estará mañá nos puntos de venda habitual en compañía do Nós Diario. Tamén podes acudir á nosa loxa en liña. E mesmo facer a subscrición dunha forma áxil e sinxela!

Comentarios