O Sermos analiza a viaxe de Castelao por Europa e o seu interese pola modernidade

No semanario tamén poderás atopar unha entrevista ao presidente da Asociación Galega de Editores, Henrique Alvarellos, e unha reportaxe sobre a importancia vital das árbores nas vilas galegas. Se queres ler todos estes contidos e máis só tes que procurar o teu Sermos Galiza mañá nos quiosques e librarías, onde o atoparás xunto co Nós Diario.
Imaxe dun dos temas do semanario. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Imaxe dun dos temas do semanario. (Foto: Nós Diario)

O intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é o protagonista da primeira reportaxe do Sermos Galiza deste sábado. Nun extenso texto o xornalista Manuel Xestoso repasa a viaxe do autor por Europa grazas a unha bolsa de estudos. En "Castelao en Europa. Cen anos do 'Diario 1921'". Un análise moi completo do seu interese pola modernidade e polo avance da Galiza.

Neste novo número a entrevista, asinada por Lois Alcayde Dans con fotografías de Arxina, é a Henrique Alvarellos. Recentemente nomeado presidente da Asociación Galega de Editores, Alvarellos fala da súa traxectoria pero tamén doutros temas vinculados ao mundo da literatura e da cultura galegas en "Henrique Alvarellos. O libro como vacina".

Acompañada de imaxes fornecidas pola delegación galega de Ecoloxistas en Acción, Mar Álvarez escribe a reportaxe "Arboricidio en Vigo. A importancia dos espazos verdes nas cidades".

Ademais de repasar algunhas das últimas tallas de exemplares acaecidas na cidade olívica, Álvarez detalla o que supoñen as árbores para a calidade de vida das persoas. Neste sentido, lembra que non só un ornamento.

O capítulo de Andar e Ver desta semana levará ás lectoras e lectores polo "Litoral de Viveiro" acompañando ao Colectivo Xea formado por Adela Leiro, Mon Daporta e Xan Colazo.

Como soe ser habitual no semanario, nos faltan as recomendacións da semana no ámbito da literatura -a cargo de Mario Regueira e Susana Sanches Arins- e da música, á que fican atentas Belém Tajes e César Morán. Andrés Castro propón a crítica sobre o cinema.

Aliás, neste número falan da escena teatral quer Manuel Xestoso, quer Manuel Castro Bastos. A pesar de todos estes contidos, o tempo de lecer tamén se poderá aproveitar cos pasamentos de Xerardo R. Roca e Xoán Costa.

Para dispor de toda esta información e divertimento só é preciso acudir mañá ao quiosque ou á nosa loxa en liña para mercar o semanario Sermos Galiza que se publica xunto co Nós Diario. Para evitar esquecementos calquera fin de semana, o máis aconsellábel é fechar xa mesmo a subscrición!

Comentarios