O 'Sempre en Galiza' e Martín Veiga, en inglés

Forever in Galicia e Diary of Crosses Green son os dous títulos de Francis Boutle Publishers que se presentarán en Galiza a partir do 15 de outubro. E presentaranse en Galiza porque son obra de Castelao e do poeta Martín Veiga. As versións inglesas, de Craig Patterson e Keith Payne.
 

CASTELAO-GENTE
photo_camera Imaxe de Castelao. Foto: cedida.

A tradución inglesa do ensaio totémico de Castelao -Sempre en Galiza- é produto de 14 anos de traballo de Patterson. Do Diario de Crosses Green (Kalandraka, 2016), último libro de poemas de Martín Veiga (Noia, 1970), encargouse o poeta irlandés residente en Vigo Keith Payne.

crosses-green

O tradutor de Castelao xa se ocupara antes da Esmorga (1959), cuxa versión inglesa titulou On a bender (Planet, 2012). Payne, pola súa banda, responsabilizouse da antoloxía Six Galician Poets (Arc Publciations, 2016).

Un ciclo de presentacións dará a coñecer ambos os dous volumes no país de orixe dos autores. A segunda feira, 15 de outubro, o editor Clive Boutle, os dous tradutores, Martín Veiga e mais a escritora residente en Reino Unido Eva Moreda debaterán na Facultade de Filoloxía en Compostela. Será ás 12 da mañá. No serán, haberá un novo acto na Libraría Couceiro.

castelao

A Facultade de Tradución e Intepretación de Vigo acollerá o 16 de outubro ás dez da mañá a mesma mesa de discusión. O Arquivo Provincial da Deputación de Pontevedra, en Pontevedra, será o escenario, o día 17 da presentación de Forever en Galicia, ás 19:00. Que, ao día seguinte, se presentará en Rianxo: ás 12 da mañá haberá un paseo ate a casa de Castelao e ás 20.30, no salón de actos do Auditorio Municipal, unha charla sobre o libro. A sexta feira, 19 de outubro, a presentación do clásico do nacionalismo será en Ourense, no Liceo, ás oito do serán.

Comentarios