A Semente publica un disco con cancións tradicionais para crianzas

A Semente Trasancos vén de presentar o CD "Músicas para a Semente" de cancións tradicionais logo dun ano de ensaios e gravacións.

músicas semente CD
photo_camera ‘Músicas para A Semente’

“Músicas para a Semente” é un disco gravado por cinco cantareiras da comarca, con Alberte Maceiras na dirección musical e outros catro músicos. Unha das cantareiras e pandeireteiras, Iria García, conta que "traballamos moito as raíces das cancións tradicionais de Galiza e Portugal, é un agasallo para todas as crianzas deste país mais é un CD para todas as idades. Tamén disfrutamos moito ao facelo e agradecemos o gran esforzo de diferentes persoas da comarca que puxeron o seu coñecemento  para que fose unha realidade".

‘Músicas para A Semente’ vén en formato libro e dentro poden atoparse as letras dos temas. Este é outro proxecto máis para acadar o financiamento deste novo proxecto de escola con ensino 100% en galego. Pode mercarse, ademais de na propia Semente Trasancos, na Fundaçom Artábria de Ferrol, no Muiño do Fabal de Narón, na libraría Carpe Diem de Ares, na Semente de Vigo ou na Numax de Compostela, entre outros puntos de venda.
 

Comentarios