sábado 30.05.2020

Semente divulga 'A Galiza', poema "inédito" de Carvalho Calero

"Ricardinho tem 15 anos quando o escreveu. O poema deixa ver umha influência rosaliana e que o seu galeguismo vem do seu Ferrol natal", sinalan desde a asociación educativa.

(Moncho Rama)
(Moncho Rama)

O proxecto Semente Trasancos fixo público neste sábado 16 de maio, véspera do Día das Letras, o primeiro poema que Ricardo Carvalho Calero escribiu en galego como homenaxe á súa figura. A Galiza é o título desta composición que a asociación gravou e colgou nun vídeo na plataforma YouTube.

As Escolas de Ensino Galego Semente é "umha iniciativa social sem ánimo de lucro, impulsionada pola Gentalha do Pichel que pretende conformar, junto com outros projetos semelhantes, as bases necessárias para a criaçom da Escola Nacional Galega".

Segundo explican, o poema A Galiza foi publicado na revista Maruxa no dia 20 de decembro de 1925 baixo o pseudónimo Ilex. Carvalho Calero tiña daquela 15 anos de idade.

"Ricardinho tem 15 anos quando o escreveu. O poema deixa ver umha influência rosaliana e que o seu galeguismo vem do seu Ferrol natal. Até hoje o poema é inédito", afirman.

comentarios