"A semente, a árbore, a froita": unha conversa entre María Reimóndez e Ana Pontón

O libro, editado por Xerais, preséntase esta sexta feira en Compostela.

 

Ponton e Reimóndez
photo_camera Ponton e Reimóndez

"A semente, a árbore, a froita non é tanto un libro de actualidade como o achegamento dunha escritora á figura dunha muller pública para atopar, a través da palabra, a súa exacta dimensión”. Así explican desde Xerais o que é "A semente, a árbore, a froita", o libro no que a escritora María Reimóndez e a portavoz nacional do BNG Ana Pontón conversan sobre diversas cuestión.

“Este libro é o froito dunha longa conversa entre dúas mulleres, unha conversa demorada e, segundo María Reimóndez, "pode que por momentos incómoda", que nos axuda a comprender quen é Ana Pontón abordando a súa dimensión política dende unha perspectiva íntima, confesional e persoal”, indican desde a eduitorial.

Reimóndez, que se achega aos partidos (confesa no limiar) con reticencia e curiosidade, percibe na figura de Ana Pontón “a sororidade das mulleres galegas que buscan transformar a sociedade desde o ensino, a ecoloxía, a escrita, a arte, o mundo laboral e científico e tamén dende a política”.

O libro preséntase esta sexta feira en Compostela. Será ás 18:30 horas na Fundación Gonzalo Torrente Ballester e coa presenza de Ana Pontón, María Reimóndez e o director de Xerais Fran Alonso.

 

Comentarios