Seivane, Radio Cos, Xabier Díaz e Barroso, os galegos no Celtic Connections

Así de completa é a representación galega no maior festival de música céltica que se celebra todos os xaneiros en Glasgow. 

nexo_3
photo_camera Xabier Díaz e Fernando Barroso nun recital previo para escolares

O festival escocés celébrase desde o pasado día 14 até o 31 de xaneiro, pero é hoxe quinta feira cando comeza a participación galega, co primeiro concerto do proxecto NeXo, un laboratorio creativo multicultural, con presenza de Xabier Díaz e Fernando Barroso por Galiza, xunto con outros artistas galeses, escoceses, arxentinos e uruguaios. O segundo terá lugar mañá sexta feira. 

Con estas dúas actuacións péchase NeXo, o laboratorio creativo promovido pola Xunta de Galicia, o British Council e o Wales Arts Internacional para impulsar o intercambio entre as músicas de raíz atlántica de Europa e Latinoamérica.

O sábado 23 será a quenda de Radio Cos, o proxecto de música tradicional liderado por Quique Peón e Xurxo Fernandes, que actuarán xunto cos escoceses Peatbog Faeries.

A presenza galega rematará o domingo co concerto da gaiteira Susana Seivane, que intervirá na homenaxe ao músico escocés Gordon Duncan.  

Comentarios