A segunda edición consolida o Lueiro Rei de poesía

Nacía o pasado ano en Fornelos de Montes, o concello natal do escritor Manuel Lueiro Rei, autor que dá nome a un dos premios de máis tradición na narrativa galega. Coa segunda edición, consolídase esta aposta pola poesía co nome de autor. 

Lueiro Rey
photo_camera Lueiro Rey

Con “As uñas crecen”, a poeta Silvia Penas converteuse en gañadora da primeira edición dun premio que nacía coa vontade de promoción poética alén de homenaxe ao autor nacido en Fornelos de Montes, concello que coorganizaba a convocatoria canda a Asociación de Veciños o Cruceiro da Laxe e a editorial Sotelo Blanco. 

Coa segunda edición que está a piques de pechar o prazo de presentación de orixinais, a convocatoria consolídase como centro de dous dos actos literarios anuais máis relevantes da comarca, que se organizan arredor da presentación do título gañador e da entrega do premio. No último día do ano remata o prazo de presentación de orixinais para esta convocatoria que conta cun premio de 2.500 euros de dotación ademais da publicación do libro na colección “Manuel Lueiro Rei” da Editorial Sotelo Blanco. O nome da obra gañadora darase a coñecer nun acto que terá lugar na Casa da Cultura de Fornelos de Montes o día 8 de marzo e a entrega está prevista para o 12 de abril. As bases do premio pódense consultar na páxina web do concello. 

Comentarios