A Sega homenaxea a Dorothé Shubarth no primeiro “Día das Galegas nas Letras”

Un “Día das Galegas nas Letras” . As da plataforma A Sega collen o seu foucín, arrefuzan as mangas e propoñen celebrar o “Día das Galegas nas Letras”  que nesta primeira edición renderá homenaxe a Dorothé Schubarth, a compiladora do Cancioneiro Popular Galego. 

.
photo_camera .

Será o 15 de agosto, o día “Da Nosa Señora” (das nosas letras), cando se desenvolva a festa coa que as promotoras da plataforma de crítica feminista A Sega conmemoren a primeira edición do “Día das Galegas nas Letras” que, desta volta, homenaxeará á suíza Dorothé Schubarth. 

Natural de Basilea, Dorothé Schubarth chegou a Galiza en 1978 para coñecer a nosa música popular que recolle a través de toda a nosa xeografía e publica no 1984 no  “Cancioneiro Popular Galego, unha obra en sete volumes. 

No “Aturuxo”, o manifesto da plataforma de crítica feminista A Sega para a celebración do Día das Galegas nas Letras,  falan de Dorothé Schubart como a “primeira que ousou poñer os nosos nomes a cada unha das composicións”.

“E haberá quen diga que a tradición é un "ben común", mais este non pode sosterse mantendo de xeonllos ás mulleres, unha vez máis. Porque para nosoutras, as que cantamos e escribimos hoxe, saber que foron outras as que antes cantaron e escribiron non é un feito menor”, defenden no manifesto. “Se nós temos voz é porque houbo quen foi quen de conservala e aínda máis importante, quen foi quen de recoñecela como de nosoutras, lonxe deses discursos da "comunidade" nos que as mulleres ficamos invisibles. Ese foi o traballo de Dorothè Schubarth que hoxe celebramos, vindicamos e recoñecemos”, rematan, para recoñecer o labor desenvolvido pola homenaxeada. 

Comentarios