O Sarela xa rega as raíces de 'O escomezo'

Emotiva homenaxe a Vítor Vaqueiro no parque de Galeras de Compostela, a súa cidade, onde xa loce un monolito co seu poema e medra o carballo plantado este sábado.

vitor_vaqueiro_monolito
photo_camera Vitor Vaqueiro sostén a bandeira galega que cubría o monolito, este sábado no parque de Galeras de Compostela (Nós Diario)

Vítor Vaqueiro, o escritor e poeta homenaxeado coa letra E pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) xa ten un espazo na súa terra, Compostela. Este sábado desenvolveuse o acto no parque de Galeras da capital, onde se plantou un carballo e descubriuse un monolito ao carón do Sarela. O poema de Vaqueiro O escomezo está gravado na pedra.

A homenaxe fai parte das homenaxes "O Escritor na súa Terra" que periodicamente fai a AELG. Xabier Paz foi o encargado do laudatio na honra de Vaqueiro, posteriormente respondido polo escritor, que recibiu unha peza escultórica elaborada pola artista Soledad Penalta.

Anna R. Figueiredo, vicepresidenta en funcións da asociación, abriu o acto coa lectura do acordo da asemblea. A continuación, interviu o presidente da entidade, Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da entidade. Mercedes Rosón, concelleira de Cultura, pechou a emotiva homenaxe en representación do Concello de Santiago.

Comentarios