Sara Vila Alonso gaña o Premio Illa Nova de Narrativa con ‘Oito días sen Eva Cortes’

O xurado apunta que a obra destaca "pola súa solvencia narrativa, pola historia que atrapa dende o primeiro capítulo e polo tratamento de moitos temas de plena actualidade dende o cuestionamento".

sara vila

Sara Vila Alonso (As Neves, 1989) gañou o Premio Illa Nova de Narrativa con Oito días sen Eva Cortes.  A Editorial Galaxia e o Ámbito Cultural de El Corte Inglés daban a coñecer esta terza feira o fallo da V edición do Premio dirixido a menores de 35 anos.

O xurado sinala que a obra destaca "pola súa solvencia narrativa, pola historia que atrapa dende o primeiro capítulo e polo tratamento de moitos temas de plena actualidade dende o cuestionamento".

A autora recibirá un premio en metálico de 3.000 euros. Oito días sen Eva Cortes impúxose por unanimidade ás demais obras presentadas pola súa "solvencia narrativa, pola historia que atrapa dende o primeiro capítulo e polo tratamento de moitos temas de plena actualidade dende o cuestionamento".

O fallo apunta da obra "a súa prosa sólida e o magnífico control do ritmo narrativo dende o inicio. A autora é quen de construír personaxes poliédricos nunha novela que combina tres voces narrativas. Destacan as pasaxes dun caderno que manexa unha narrativa máis lírica e o paso a unha escrita máis xornalística e apegada á realidade".

A autora recibirá un premio en metálico de 3.000 euros.

Sara Vila é xornalista. En 2016 gañou o primeiro premio do Certame de Relatos Curtos Os Viadutos, do Concello de Redondela, e en 2019 acadou o segundo premio Comunicar en Igualdade, que convoca a Xunta, por un artigo de opinión publicado no Diario de Pontevedra.

O xurado estivo composto por Diego Giráldez, Beatriz García Turnes, Lara Dopazo, Xosé Ricardo Losada, Selina Otero e Malores Villanueva.

Comentarios