Profesor, tradutor e escritor, Santiago Lopo gaña o Repsol de Narrativa Breve con A diagonal dos tolos, premio que suma ao García Barros por Hora Zulú e ao de Novela por Entregas de La Voz por Game Over, títulos aos que compre engadir Peaxes, publicada en 2009.
Profesor de francés na Escola de Idiomas de Pontevedra, Santiago Lopo iniciou a súa carreira profesional como tradutor de guións para televisión e, canda Xavier Queipo, verteu para o galego dúas obras do francés Hervé Guibert.