Santiago Cortegoso, Antón Cortizas, Andrea Bayer e Xavier Lama gañan os premios de textos teatrais da Agadic

Raclette de Santiago Cortegoso, Xogando con Gatos de Antón Cortizas, O lobo e a lúa de Andrea Bayer e Ela, piedade de suicidas, de Xavier Lama gañan os premios de literatura dramática da AGADIC. 

 

Os premios de textos teatrais de Agadic fállanse en catro nomes con traxectoria no mundo literal e teatral. Raclette de Santiago Cortegoso fíxose coa vixésima segunda edición do premio Álvaro Cunqueiro mentres Antón Cortizas consegue o VIII Manuel María de literatura dramática infantil con Xogando con gatos. Pola súa parte, Andrea Bayer faise coa súa obra O lobo e a lúa coa XI edición do Barriga Verde de textos para monicreques e Xavier Lama é o triunfador na modalidade de adultos con Ela, piedade dos suicidas. 

 O xurado composto por Roberto Salgueiro, Xosé Manuel Fernández Castro, Inacio Vilariño, Dani Salgado, Artur Trillo e Dolores Vilavedra, escolleu as obras gañadoras entre as 69 orixinais nas catro modalidades, as máis numerosas as 8 para o Álvaro Cunqueiro e as 17 para o Manuel María. 

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios