Que facer?

San Sadurniño acolle a X Feira Rural e o IV festival Sons na Cortiña

Eis un guieiro por distintos eventos para enchermos de contido o tempo de lecer nesta fin de semana.

Feira Rural
photo_camera Un momento dunha edición anterior da Feira Rural de San Sadurniño

Concerto de Música Medieval

Ribadavia 

Igrexa de San Domingos 

Esta sexta feira.

20.00h

O grupo especializado en música antiga Pres de Cambrai estará na XXX edición da Festa da Istoria, na fermosa igrexa de San Domingos, xunto ao Coro da Istoria. 

Xabier Díaz &Adufeiras de Salitre 

Carballo

Praza do Concello  

Sexta feira

22.00

Xabier Díaz e o grupo Adufeiras de Salitre presentan o seu novo traballo musical, Noró, unha auténtica homenaxe ás músicas e xentes do norte. 

V Festival Agrocuir da Ulloa

Monterroso

Diversos espazos

Sexta feira e sábado

Este festival, que reivindica a diversidade sexual no rural, inclúe concertos, obradoiros, contacontos, feira, teatro e actividades para as crianzas. 

Festival de Jazz de Ponteareas

Ponteareas

Diversos espazos

Sexta feira e sábado

Nas rúas do casco urbano contarán coas actuacións de Brais Sergio Gus Trío, Dous, Voodoo, Mr. River, Ejazz, Alberto Vilas Quartet e Diana Tarín. 

XVII Festival Noite da Lúa Meiga 

O Viso, Redondela

Monte do Outeiro

25.08.2018

A partir das 10.00h

Roteiro musical e subida ao monte, sesión vermú, xantar popular,  xogos, espectáculo de Paco Nogueiras, Duende Circo, e actuacións de Cé Orquestra Pantasma, Radio Cos e Tiruleque. 

X Feira Rural e IV Sons na Cortiña

San Sadurniño 

Arboreto galego da Cortiña 

Sábado e domingo

A partir das 10.00h

O paseo fluvial do Xuvia acolle dúas citas imperdíbeis os días 25 e 26 de agosto, a Feira Rural e o festival Sons na Cortiña. A Feira Rural celebra, o sábado 25 de agosto, dez edicións promovendo o sector primario e a sustentabilidade. O domingo 26 daranse cita a música e o lecer na IV edición do Sons na Cortiña, que inclúe circo, obradoiro de percusión, xogos e actuacións de De Ninghures, Peter Punk, A Gramola Gominola e Pablo Balseiro e Os Cascarillas

Comentarios