Que facer?

Salvaterra do Miño acolle esta sexta e sábado a 30 edición do Festival de Poesía

Fran Alonso
photo_camera Fran Alonso, un dos poetas que tomará parte no festival de Salvaterra de Miño

31 Festival da Poesía no Condado. Sexta feira e sábado.

O 1 e o 2 de setembro Salvaterra do Miño acolle unha das citas máis esperadas do verán, o Festival de Poesía, que xa vai pola trixésimo primeira edición. Poesía, teatro, audiovisual, fotografía, música... e moito máis nun encontro que contará coa presenza, entre outros, de Fran Alonso, Vítor Vaqueiro, Palmira V. Méndes, Marilar Aleixandre, Míriam Ferradáns ou Isabel Risco. A nota musical correrá a cargo de Os Diplomáticos de Monte Alto e Sacha na Horta, entre outros.

POBRA DO CARAMIÑAL. Sexta feira e sábado (xa comezou a quinta feira). PRAZA DO EMIGRANTE 

FESTIVAL ENTREBATEAS

Chega a segunda edición do Festival Entrebateas, tres días de música, con acampada incluída, en que se poderán escoitar A Compañía do Ruído, Trapallada ou Hamlet e Dejadeath.

AMORA-SEIXAL. Sexta feira, sábado e domingo NA ATALAIA

FESTA DO AVANTE

Do 1 ao 3 de setembro terá lugar a tradicional festa do Partido Comunista Portugués, que este ano convida Xabier Díaz e As Adufeiras, en representación de Galiza. Música, teatro, danza, política... e moito máis.

PONTEVEDRA. Sexta feira e sábado. 

FEIRA FRANCA

A cidade do Lérez volve, máis un ano, ao Medievo, para celebrar a Feira Franca, que xa vai pola XVIII edición. O amplo programa inclúe os torneos medievais, que terán lugar ás 17.30 e 20h do sábado.

TOMIÑO. Sexta feira e sábado EN GOIÁN

MINHO REGGAE

Suman oito as edicións do Minho Reggae, un evento sociocultural transfronteirizo centrado na música reggae e nas representacións artísticas de Galiza, Portugal, Europa, Brasil ou Jamaica.

MOS DO 1 AO 2 DE SETEMBRO NO PAZO DE MOS

O SON DO PAZO

O Festival Intercéltico convida Airiños do Castelo, Radio Cos, Os Carunchos na sexta feira e Os Chavellos, Irish Treble, Susana Seivane e Abóbriga o sábado.

PALAS DE REI. Sábado.

THE TETAS’VAN

A revolución en feminino recala en Palas de Rei, onde actuarán The Tetas’s Van, mozas especialistas en versións en lingua galega de música de todo o mundo e todos os estilos.

ALLARIZ. Sábado. FUNDACIÓN VICENTE RISCO ÁS 21H

III CICLO DE MÚSICA DE CÁMARA

A Fundación Vicente Risco organiza o III Ciclo de Música de Cámara, en que se interpretarán temas de Coldplay, Guns and Roses, U2, The Verve, Deep Purple… e coñecidas bandas sonoras de filmes.

Comentarios