Cultura

O Salón Teatro levanta o pano o 4 de xullo con 'Crónica dunha heterosexual insatisfeita'

Unha coprodución do Centro Dramático Galego e Verdeveras

Crónica dunha heterosexual insatisfeita
photo_camera Crónica dunha heterosexual insatisfeita

O vindeiro 4 de xullo subirá de novo o pano do Salón Teatro en Santiago, sede do Centro Dramático Galego, coa estrea da obra Crónica dunha heterosexual insatisfeita.

Esta coprodución do CDG con Verdeveras é unha creación de María Ángeles Igrexas, que tamén comparece sobre as táboas, que xira arredor dunha muller común, que ante o avance da idade decide facer cambios contra a parálise vital e as normas que se lle impoñen

A capacidade limítase a 75% da sala (178 butacas) e os asentos non dispoñíbeis estarán deshabilitados, coa posibilidade de sentar xuntas a persoas que se declaren convivintes. Para a asistencia será obrigatorio o uso de máscaras e o local disporá de xel hidroalcólico e felpudos hixienizantes na entrada. 

Comentarios