Forma parte do 'ranking' do Observatorio da Cultura

O Salón do Libro entre as mellores iniciativas culturais do ano 2020

O Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea vén de publicar a súa listaxe coas mellores iniciativas culturais do último ano, onde figura, por primeira vez, o Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. 
salondolibro
photo_camera Imaxe da edición de 2020 do Salón do Libro. (Foto: Nós Diario)

O Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea vén de publicar a súa listaxe coas mellores iniciativas culturais do último ano, onde figura, por primeira vez, o Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

O Salón, situado entre as 15 primeiras iniciativas, acolle con particular entusiasmo este recoñecemento, posto que a pasada edición foi de “reinvención” do salón para poder ofertar os seus contidos en liña, posto que o estado de alarma fora decretado aos cinco días da apertura do Salón.

A concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces, explicou que “esta é unha moi boa noticia para Pontevedra, que demostra o compromiso de calidade co que estamos a traballar no ámbito da cultura feita aquí e desde aquí, con calidade e profesionalidade”.

Fouces que manifestou o interese do departamento que dirixe por “acadar postos máis altos” nesta clasificación tamén quixo facer un agradecemento público polo esforzo realizado en 2020 “nun momento adverso no que parecía que todo se viña abaixo”. 

O denominado “Salón Virtual” de 2020 ofreceu a través das redes sociais unhas 120 publicacións durante dous meses de actividade, chegando a 150.000 persoas e contabilizando un total de 120.000 interaccións. 

A edición de 2021, o XXII Salón do Libro, quere combinar a modalidade en liña e a presencial habilitando espazos como a Illa das Esculturas, nun ano que dedicado ao medio ambiente, a ecoloxía e o cambio climático. Así, baixo o lema: “Emerxencia literaria, os libros salvan o planeta”, o Salón homenaxeará a Helena Villar e Kiko da Silva, escritora e ilustrador que non puideron recibir as  súas honras na edición de 2020. 

Os outros eventos da listaxe de Observatorio

Na clasificación do Observatorio da Cultura, mantense no segundo posto o Culturgal,  por detrás da Cidade da Cultura, e por diante do Centro Galego de Arte Contemporánea. O cuarto posto, cunha porcentaxe de puntuación de 23,3%,  compárteno o Teatro Rosalía da Coruña, a mostra de cinema (S8) e os festivais de Cans e Curtocircuito.

Séguenos Plataforma, con 20%; e Cineuropa, Sinsal e o Auditorio de Galiza con 16,7%. O Salón, con 13,3%, comparte clasificación co festival de danza Corpo(a)Terra, a Real Filharmonía e Galicreques.

Comentarios