Sada acolle o sábado o seu I Encontro de Embarcacións Tradicionais

Está organizada pola Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros e a xornada reune navegación,cultura e lecer

Os Patexeiros foi creada tras a recuperación dunha embarcación no 2008 por parte dun grupo de amigos para asistir ao Festival Marítimo de Brest (Bretaña) e que ten como un dos seus principais símbolos a recuperación do último barco patexeiro, A Balbina, aínda en proceso, e a creación dunha competición de embarcacións tradicionais, a Copa Balbina. E pouco a pouco, con humildade e esforzo, van facendo o traballo

Este sábado organzian en Sada un Encontro de Embarcacións Tradicionais.Unha xornada na que haberá navegacíon, claro (unha saída a navegar por unha ruta de Sada, Miño, Perbes, Lorbé e volta a Sada). Mais tamén vai haber música, gastronomía, exposicións...Unha cita na que están conviodadas diferentes organizacións e agrupacións que traballan no eido da cultura marítima e fluvial.

Comentarios