Este sabado 24M en Ferrol

A Fundaçom Artábria homenaxea Carvalho Calero

No 28 cabodano do intelectual Ricardo Carvalho Calero, a Fundaçom Artábria réndelle homenaxe. Será este sábado, 24 de marzo, a partir das 12 da mañá, ao pé das ruínas da súa casa natal en Ferrol.
 

Carvalho Calero
photo_camera Mural que reclama o Día das Letras Galegas para Carvalho Calero.

Un recital a cargo das poetas Loreto de Castro e Lam Couce, a intervención dunha persoa en representación de Artábria e mais unha ofrenda floral será o primeiro estadio da xornada en lembranza do poeta, novelista, ensaísta e pai teórico do reintegracionismo.

A seguir, no centro social da Fundaçom Artábria haberá sesión vermú. Cantarán Xoan Padim e Alberte L. Porta, con poemas de Carvalho Calero como base.

Hai anos que o tecido social e cultural de Ferrol reclama o Día das Letras Galegas para Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), un dos intelectuais fundamentais na Galiza do século XX. Mais as súas tomas de posición a respecto da normativa ortográfica do galego afastárono de determinados centros culturais, a Academia entre eles.

Comentarios