Cultura

O (S8) queda para finais de setembro

En lugar de na primeira semana de xuño, será de 27 de setembro a 3 de outubro de 2020,

S8-
photo_camera S8-

A organización do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico decidiu pospor a celebración da súa XI edición, inicialmente programada para a primeira semana de xuño na Coruña, como cada ano no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Así, as novas datas contemplan que o evento se celebre En debido á situación extraordinaria provocada en todo o mundo pola COVID-19.

Desde o equipo do festival trasladan que se tomou esta decisión "ante a evolución do virus" e atendendo sempre ás recomendacións ditadas polas autoridades sanitarias. Sendo a seguridade e o benestar de público e artistas "primordial", sinalan tamén o "axeitado desenvolvemento do evento" como unha das súas prioridades.

"Aínda que o festival se celebre máis tarde do previsto nun inicio, o equipo continúa traballando para que todo poida transcorrer con normalidade no mes de setembro", aclaran. Así mesmo, fan fincapé en que se manterá "intacta a ilusión de poder compartir coas asistentes ao festival contidos de calidade que o departamento de programación preparou durante os últimos nove meses con mimo e dedicación".

Para alén do máis, o (S8)  chamou a ter presentes "as vítimas da COVID-19", expresando a súa "solidariedade con todas aquelas persoas que loitan contra a enfermidade". Por iso, tamén cos seus propios actos, únense "ás voces que piden con firmeza que toda a cidadanía respecte o confinamento xeral e amose o seu civismo e empatía".

"Non temos nin a máis mínima dúbida de que o (S8) 2020 rematará sendo unha feliz realidade e esperamos poder compartilo con todas vós", manifestou a dirección da mostra audiovisual.

Comentarios